A infancia en España 2012-2013: O impacto da crise nos nenos

Actualizado el 21/05/2012 a las 13:21 | Documento UNICEF

Como impacta a crise nos nenos en España? Cales son os efectos presentes e futuros da situación económica e das medidas tomadas ao respecto sobre o seu benestar e os seus dereitos? Con este segundo informe da infancia en España, UNICEF quere chamar a atención dos responsables políticos e da sociedade española sobre a importancia de ter en conta á infancia neste contexto de crise.

Baseándose nos datos dispoñibles, e facendo uso tamén da experiencia internacional de UNICEF, o informe expón como os nenos están a ser enormemente afectados pola crise, ao tempo que formula a necesidade de telos en conta para poder saír desta.

Ademais, o informe contén un capítulo dedicado a dar voz á opinión dos nenos sobre o seu propio benestar, extracto dunha enquisa realizada a case 6.000 nenos de 1º de ESO desenvolvida co apoio do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade e coa colaboración da Obra Social "a Caixa". No anexo final de indicadores sobre benestar da infancia en España actualízanse e desenvólvense os presentados no primeiro informe de 2010, mostrando a súa evolución.

Este informe foi realizado coa colaboración de Obra Social "a Caixa".

Navega polo informe en España 2012 - 2013

Índice de contidos

INTRODUCIÓN
O IMPACTO DA CRISE NOS NENOS

Os impactos actuais
O crecemento da pobreza infantil e da demanda de axudas públicas
O desemprego, a baixada dos salarios e o incremento dos impostos
As medidas de austeridade no gasto publico
Como viven os nenos o impacto da crise? Que opinan sobre ela?


AS CONSECUENCIAS PRESENTES E FUTURAS

Increméntase a "débeda dos nenos"
A equidade en perigo
O custo de non intervir
Unha aposta pola infancia para saír da crise


PROPOSTAS PARA ESTA LEXISLATURA
UNHA FOTOGRAFÍA DA INFANCIA EN ESPAÑA TOMADA POLOS PROPIOS NENOS
ANEXO: INDICADORES DE BENESTAR INFANTIL

Autores: Gabriel González-Bueno, Armando Bello, Marta Arias

Edita: UNICEF España, coa colaboración de Obra Social a Caixa

Páxinas: 52
  

Non hai comentarios

Enviar un novo comentario

O contido deste campo é privado e non se amosará publicamente.
note: unicef_customizations.module
CAPTCHA
Esta pregunta é para comprobar se é un visitante humano e para previr envío automático de spam.